Comarcas

Así é como se cumpren 102 anos…como Bienvenida

A avoa do Porriño

A veciña máis lonxeva do Porriño, Bienvenida Lorenzo, celebrou o seu 102 aniversario rodeada do agarimo da súa familia, amigos e veciños. Nacida o 13 de novembro de 1922 no municipio veciño de Mos, trasladouse con tan só 18 anos ao Porriño, onde viviu ata o de hoxe.

Bienvenida é da ‘quinta’ de José Saramago, Premio Nobel de Literatura; de Manuel Fraga; de Charles Schulz, o debuxante creador de Peanuts; da actriz Ava Gadner o do xenio dos comics, Stan Leem, ademáis o seu nacemento coincidiu coa entrega do Premio Nobel de Física ao científico máis famoso do século XX: Albert Einstein.

Pero, sen dúbida, o que máis ilusión lle fai a Bienvenida é que o seu aniversario coincide co do seu bisneto Daniel, que fixo 21 anos e que celebraron xuntos esta data. Sumouse á festa Alejandro Lorenzo, alcalde do Porriño, quen non quixo perder a ocasión de felicitala, expresarlle o agarimo de todos os seus veciños e entregarlle un ramo de flores.

“Ela é auténtica memoria viva do Porriño”, apuntou Lorenzo, Cunha saúde admirable e unha mente aguda, goza compartindo os seus recordos e a súa sabedoría todos nós, e nós o disfrutamos se cabe máis ca ela”. Nai de catro fillos, avoa de catro netos e bisavoa de oito, Bienvenida segue sendo unha fonte de inspiración para a súa familia, a quen ensinou o valor do amor, o esforzo e a dedicación ao longo da súa vida.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.