Destacados Vigo al minuto

O PSOE pactará gobernos de esquerdas na provincia, pero non a costa dos seus cabezas de lista

Non tolerará vetos aos candidatos e candidatas ás Alcaldías

Non tolerará vetos aos candidatos e candidatas ás Alcaldías

O PSdG-PSOE da provincia de Pontevedra facilitará que haxa ‘gobernos de progreso’ nos concellos onde sexa posible…pero non sacrificará, en ningún caso, aos seus candidatos e candidatas ás Alcaldías.

Así sinalou a executiva provincial a ‘liña vermella’ que pon para chegar a acordos naqueles concellos nos que gañou o PP, pero a suma doutros partidos facilita que a esquerda chegue ao poder.

Redondela

A realidade é que esta decisión semella feita á medida de concellos como o de Redondela, onde o Partido Popular acadou 10 concelleiros, fronte aos 11 de PSOE (7), BNG (3) e Agrupación de Electores-AER (1). Precisamente, os responsabéis de AER anunciaron antes do inicio da campaña electoral, durante a mesma e logo das Eleccións do pasado domingo, que non darían o seu voto á actual alcadesa, a socialista Digna Rivas.

Ainda así, David Regades, secretario xeral do PSOE provincial, foi claro: «os nosos candidatos non se cambian», advertiu. «Cambiar a un candidato ou a candidata nunha mesa de negociación sería a antidemocracia», concluiu.

Os resultados non son os agardados…

Regades recoñeceu que os resultados das Municipais na provincia de Pontevedra «non foron os desexados», ainda que os socialistas teñen a maioría absoluta en 19 deles, algo que non permitiu que Carmela Silva conservase a Presidencia da Deputación.

…peros sí foron os mellores de Galicia

Ainda así, subliñou que o PSOE acadou en Pontevedra «o mellor resultado de todas as provincias de Galicia«, ademáis dun dos mellores do seu partido en todo o Estado. Nesta liña, adiantou que os socialistas están preparados para ser, de novo, os máis votados na provincia nas vindeiras Eleccións Xerais do 23 de xullo.

Fernández-Tapias

Seguindo nesta liña, para o lider provincial do PSdG, non é comprensible que algún candidato do Partido Popular, logrando 5 de 27 concelleiros, sexa alternativa para presidir institucións, declarou en referencia a Marta Fernández-Tapias, que soa para dirixir a Deputación de Pontevedra.

Regades, repetiu o argumento de Abel Caballero quen, onte, lembrou que a ‘antecesora’ de Tapias como candidata á Alcaldía de Vigo [Elena Muñoz] dimitiu logo de acadar resultados semellantes nas Municipais de 2019.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.