Destacados Vigo al minuto

Concentración, este venres en Vigo, contra a «masacre» de Melilla

Ás 19:30 h na Praza do Emigrante

Diferentes colectivos de persoas migrantes e antirracistas, organizacións sociais e entidades da Galicia, diante da «terrible masacre» acontecida na fronteira de Melilla o 24 de xuño, sumánse as mobilizacións promovidas polos propios colectivos e comunidades migrantes para realizar concentracións de denuncia dos feitos e de esixencia de máximas responsabilidades, este venres, 1 de xullo.

Nesas concentracións lerase o Manifesto unitario, «prestarase homenaxe ás persoas asasinadas» e amosarase o apoio ás súa familias e tamén aos centos de persoas feridas pola «brutalidade policial».

Horarios das concentracións

En Galicia, as concentracións serán as seguintes (independentemente de que se poidan sumar otros lugares e colectivos):
Santiago de Compostela: Venres 1 de Xullo ás 20:00 na Praza de Cervantes.
A Coruña: Venres 1 de Xullo ás 20:00 h na Praza das Conchiñas.
Vigo: Venres 1 de Xullo ás 19:30 h na Praza do Emigrante.
Pontevedra: Venres 1 de Xullo ás 20:00 h na Praza da Peregrina.
Lugo: Venres 1 de Xullo ás 19:30h na Praza Maior
Ferrol: Sábado 2 de Xullo ás 20:00 h na Praza de Armas.
Vilagarcía: Venres 1 de Xullo ás 19:00 h na Praza Galicia.

Demandas

As principais demandas que recolle o Manifesto, que será remitido a diferentes responsables políticos, son:
1.- Investigación independente que esclareza as mortes ocorridas; así como, a reparación das vítimas (identificación, repatriación e información ás familias).
2.- O acceso a unha atención sanitaria de calidade e especializada ás persoas feridas.
3.- Finalización das devolucións en quente e derrogación, por parte dos grupos parlamentarios, dos rexeitamentos en fronteira na reforma da Lei de Seguridade Cidadá.
4.- A protección, garantía e mecanismos de vixilancia dos Dereitos Humanos en toda a Fronteira Sur, respectando os acordos internacionais, especialmente o Estatuto das Persoas Refuxiadas, e atendendo á particular vulnerabilidade das menores.
5.- Transparencia en relación coa “nova etapa” de asociación entre España e Marrocos; así como en que se gasta o diñeiro que recibe Marrocos da UE e España.
6.- Establecemento de vías legais e seguras e derogación da Lei de Estranxería.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.