Comarcas Vigo al minuto

Nigrán arrancará xuño cos chiringuitos de praia en pleno funcionamento

Estarán en Patos, Area Fofa, Panxón, Madorra e Praia América

Concello de Nigrán ven de adxudicar os chiringuitos de praia do municipio por un importe total de 153.948 € con prezos de licitación que oscilaron desde os 30.525 € de Panxón aos 7.300 € do posto de churros de Lourido.

Desde esta fin de semana

A maioría deles comenzarán a funcionar desde esta mesma fin de semana e ata o 30 de setembro. Os prezos mínimos mantivéronse iguais que o ano 2021, obtendo o Concello unha mellora nas ofertas de 60.548 €.

En total, o Concello disporá coma nos anos anteriores de 7 chiringuitos de venda de xeados, refrescos e alimentos (2 en Patos, 1 en Area Fofa, 1 na Madorra, 1 en Panxón e 2 en Praia América) e 1 de venda de churros en Praia América. A novidade é que o espazo de ocupación nesta tempada se amplía lixeiramente ata poder ocupar os 70 metros cadrados.

«Traballo para familias de Nigrán»

«Temos que ter en conta que este é un servizo de praia que dá traballo a diferentes familias de Nigrán que tradicionalmente puxan por estes quioscos e, ao mesmo tempo, ofrecen un servizo que os cidadáns agradecen. Ademais, compre destacar que este verán volveremos a estar máis preto que nunca da normalidade anterior ao Covid, polo que a previsión de negocio é maior», indica o alcalde Juan González.

Cafetería nas ‘Dunas de Gaifar’

Adicionalmente, o Concello de Nigrán contará este verán coa cafetería do complexo deportivo municipal ‘Dunas de Gaifar’ (Panxón) aberta.

Con este obxectivo a sacou a licitación tras sometela a unha ampla renovación cun investimento de 48.348 €. Os pregos están pendurados na Sede Electrónica-Perfil do Contratante en www.nigran.es e o prazo de presentación de propostas permanece aberto ata o 30 de Maio.

Neste caso o cánon mínimo é de 25.243,73 €/ano e o único criterio de adxudicación será a mellora do mesmo. «Este verán abrirá ao fin xa cunha imaxe totalmente renovada para ofrecer un servizo de calidade a veciños e visitantes nunha zona onde ademais existe demanda ao estar ao carón da praia e o centro de saúde«, explica o alcalde.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.