Destacados Vigo al minuto

‘Camiño a Camiño’ volve o domingo 9 de maio

A actividade principia no sendeiro local de Candeán, entre as 9:30 e as 13:30 horas

Camiño a Camiño Vigo

Baixo o lema “Na primavera pasea polos montes de Vigo” bota a andar ‘Camiño a Camiño 2021′. Trátase do programa medioambiental que quere dar a coñecer os montes da cidade, parques forestais e sendeiros locais.

Case 13.000 participantes

En 2020 formaron parte do programa 12.931 participantes: 1.200 usuarios en percorridos medioambientais; 298 deles inscritos nas hortas urbanas e 247 persoas voluntarias medioambientais.

Sete paseos

Os percorridos medioambientais inclúen 7 paseos interpretativos polos sendeiros locais de Vigo. Os mesmos, abranguen os montes dende Candeán ata Saiáns.

Ata 100 persoas

En cumprimento da normativa Covid-19 o número máximo de participantes é de 100 persoas, que realizarán a actividade en grupos de menor tamaño.

Os percorridos teñen unha duración aproximada de 3 horas e, partindo dos parques forestais, permitirán circular polos sendeiros locais sinalizados. Con todo, establécense distintos niveis de dificultade para que poida participar todo tipo de público. Ao final dos percorridos, haberá actuacións musicais e de baile tradicional a cargo da Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo.

Dende o 9 de maio

A actividade principia o domingo 9 de maio no sendeiro local de Candeán, entre as 9:30 e as 13:30 horas. O punto de encontro será no Parque Forestal do Vixiador e coa actuación de Froles Novas e Tarambainas.

O paseo 2: sendeiro local de Cabral será o domingo 16 de maio co punto de encontro na entrada do Ifevi. As actuacións será de Fiadeiro e Sons das Ferriñas.

Paseo 3: sendeiro local de Bembrive-Beade, será o domingo 23 de maio, con punto de encontro na A.R. do Pouso, en Bembrive, e as actuacións de Queixumes e Beade Pandereteiras.

O paseo 4: sendeiro local de Zamáns, será o domingo 30 de maio, co punto de encontro no Parque Forestal de Zamáns e as actuacións de Andarela e Pardavila.

Paseo 5: sendeiro local de Valadares, desenvólvese o domingo 5 de xuño, co punto de encontro no Sanatorio do Alba e as actuacións de Corisco e Cabral.

O paseo 6: sendeiro local de Coruxo, ten o punto de encontro en Fragoselo e as actuacións de A Buxaina e Asubío.

Paseo 7: sendeiro local de Oia e Saiáns, celébrase o domingo 20 de xuño co punto de encontro no Parque Forestal de Oia e as actuacións de Os Ventos de Comesaña, Monteira e Traspés.

Inscrición

As persoas interesadas en participar poden inscribirse xa a través do teléfono de información municipal 010 ou no 986810260 se chama dende o móbil e poden atopar toda a información dispoñible en caminoacamino.blogspot.com.

You may also like