'Qué te cuentas?' Destacados

Carmela Silva apela á secretaria de Igualdade da Xunta para lograr o peche dos prostíbulos

«Non podemos esquecer que estas mulleres son escravas, vulnerables e debemos protexelas»

A presidenta da Deputación de Pontevedra vén de remitir unha carta á secretaria xeral de Igualdade da Xunta, Susana López Abella, «apelando á súa sensibilidade e ás súas declaracións a favor do abolicionismo», para que os prostíbulos e clubs de alterne se inclúan na listaxe de establecementos a pechar no marco da Orde de Restricións para facer fronte á Covid-19. 

«É intolerable», asegurou Silva, que se «tomen decisións moi restritivas para sectores fundamentais da nosa economía» mentres os clubs de alterne e prostíbulos permanecen abertos».

Varios locais abertos na provincia

Na carta, a presidenta da Deputación, amais de lembrar que estes locais «son un foco de contaxio» con casos xa rexistrados nalgunha localidade da provincia de Pontevedra, chama a «actuar» con «rotundidade» porque «non podemos esquecer que estas mulleres son escravas, vulnerables e debemos protexelas». 

Amais, neste contexto,  a presidenta provincial aproveitou a ocasión para pedir que se poñan en marcha axudas económicas para paliar a situación de vulnerabilidade das mulleres afectadas, e amosou o seu desexo de que este paso sexa «o inicio do peche permanente destes locais, verdadeira lacra para unha sociedade xusta e igualitaria».

Carmela Silva amosou a súa confianza en López Abellá para que a petición «non caia en saco roto» e expresou a súa total disposición para colaborar «nesta xusta demanda».

Neste eido, a presidenta recordou que, «por riba de cores políticas», xa durante a última xornada de comunicación, igualdade e violencia contra as mulleres da Universidade de Vigo, fixo un «recoñecemento público» á secretaria de Igualdade da Xunta pola súa posición «rotunda» a favor da abolición da prostitución. «Esta posición abolicionista, que recoñecemos, ten que ir acompañada de actuacións. Esperemos que así sexa».

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.