Vigo al minuto

O mural ‘Expostas’, obra da viguesa Vanesa Álvarez contra a violencia machista, xa pode verse no Pavillón do Berbés

“Expostas”, como se titula a iniciativa, está emprazada no pavillón do Berbés e é unha novidade deste ano coa que o goberno vigués pretende concienciar á cidadanía sobre a situación das mulleres cun mural contra a violencia machista.

Este proxecto ten un importante contido en materia de igualdade e rexistra historias de vida de mulleres de relevancia. As tres caras que recolle este mural, obra da deseñadora gráfica viguesa Vanesa Álvarez, son de mulleres reais, dúas vítimas de violencia machista e unha campioa de boxeo.  

“Expostas” forma parte das actividades complementarias da terceira edición do Programa Municipal de Medianeiras e Arte Urbana, que incluíu murais en seis colexios, obradoiros para nenos, concertos e xornadas sobre arte urbana. “Vigo, Cidade de Cor” se recolle tamén nunha web con todos os murais, localizacións e información sobre os autores tanto desta como das edicións anteriores.

También te puede interesar