Cultura

@catro_cafe elixe, na terceira semifinal, a dous novos finalistas do concurso MicroCatrorelatos

O café de Catro a Catro acolleu este venres a terceira semifinal do concurso MicroCatrorelatos, que nunha reñida e emocionante eliminatoria elixiu como finalistas os orixinais “Bullying”, de Alejandro Vaghetti, e “Dous xastes”, de Pociñas Domar.

Estes autores participarán na final do mes de maio, xunto aos dous escollidos na semifinal de febreiro, “A veciña do 5ºB” e “Fada de terra”, e os dous de xaneiro, “Nunca antes vira o mar” e “As balas de koch”.

A calidade literaria dos textos presentados a esta terceira semifinal fixo que os resultados das votacións de público e xurado estivesen tremendamente igualadas, nalgún caso só con un punto de diferencia entre os textos. Segundo o xurado -integrado por Clara do Roxo, Amadeo Cobas, Mari Carmen Casal e Ángela Costas-, este feito amosa a boa saúde da creación literaria en Vigo e o interese que esperta ano tras ano o concurso MicroCatrorelatos.

A próxima semifinal terá lugar o 29 de abril e para participar nela é necesario enviar os orixinais antes do día 15 dese mes, ás 23.59 horas, ao enderezo [email protected].

Os textos escollidos nesa eliminatoria uniranse aos seis xa elixidos e participarán na final do mes de maio. O xurado salienta que na final estarán en xogo dous premios: un correspondente ao outorgado polo xurado, que ascende a 300€; e outro outorgado polo público asistente, que consistirá en 200€.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.