'Qué te cuentas?'

Dous colexios de A Lama e Fornelos de Monte, sen clase polos desperfectos causados polo temporal

temporal-arbol-caido

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria suspendeu as clases no CEIP A Lama, no concello do mesmo nome, e no CEIP Doutor Suárez de Fornelos de Montes debido aos desperfectos ocasionados polo temporal de chuvia da pasada noite. Ambos os dous centros estaban realizando obras de cambio de cuberta.

A Xefatura Territorial da Consellería na provincia de Pontevedra está xa a analizar a situación, a través dos servizos de unidade técnica e inspección, para garantir a volta ás aulas coa máxima seguridade. Entre outras opcións, valórase trasladar o alumnado a outras partes dos centros menos afectadas, sempre despois de rematar os traballos de limpeza e acondicionamento necesarios tras o incidente.

Os directores deberán contabilizar agora os danos nas instalacións e material, cuxo arranxo e reembolso se esixirá ás empresas construtoras que se ocupan da obra en cada caso.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.