RGPD - Cookies
Comarcas

A Deputación de Pontevedra aproba uns orzamentos de 152 millóns para 2016

Deputación de PontevedraA Deputación de Pontevedra aprobou este venres, cos votos a favor de PSOE e BNG, a abstención de A Marea e o voto en contra do PP, os orzamentos da institución provincial que ascenden ate 152 millóns de euros o que representa un 2,4 % máis que o ano 2015.

Segundo o goberno da institución provincial, o orzamento e o instrumento para o desenrolo das políticas do novo goberno provincial como o destaca o maior protagonismo dos concellos e a eliminación das partidas de libre disposición. En total, son cinco os eixes principais das novas políticas, centradas nos concellos, o emprego, o territorio, a igualdade e a cohesión social e a xuventude.

Os mesmos están dotados de distintas partidas económicas: as axudas aos concellos acadarán a cifra de 47,5 millóns de euros entre o “Plan Concellos 2016”; a asistencia técnica-xurídica; e a proteción do medio natural . “En total estamos a aplicar o 66 % dos gastos en investimentos e transferencias de capital da totalidade do orzamentos aos concellos da provincia”.

O Emprego contará con máis de 13 millóns de euros de dotación e comprenderá as partidas para  concellos, os programas de prácticas laborais en empresas e administracións ou o autoemprego de investigadores “para o que acadaremos un protocolo de actuación coa Universidade de Vigo e os campus de Vigo e Pontevedra”. ” O 8,5% do total do orzamento vai dedicado aos distintos programas de emprego”, indicou.

No que respecta a “mellora da mobilidade e seguridade viaria nas vías provincias” as partidas ascende aos 16 millóns de euros.

O cuarto eixe é a Igualdade, para a que se creou o novo servizo, e que para 2016 contará cun orzamento de 767.313 €.

Dentro das partidas de Cohesión Social, os servizos sociais municipais para os concellos de menos de 20.000 habitantes contarán cunha dotación económica de 2,6 millóns de euros. As actuacións en materia de xuventude dispoñen de 1,1 millóns de euros. E os colectivos e entidades de iniciativa social de 1,1 millóns de euros sempre en concorrencia competitiva.

Pola súa banda, a voceira do Partido Popular subliñou que “son uns orzamentos sen concreción, como un coche sin motor» e insistiu en que son «improvisados».  Nidia Arévalo afirmou que o goberno do PSOE e BNG renuncia á “esencia” do organismo provincial para “facer unha Deputación ás ordes do alcalde de Vigo, Abel Caballero”.

O representante de A Marea, Xosé Lois Jácome, renunciou a intervir e abstívose explicando que “en tan pouco tempo” o seu grupo non tivo a posibilidade de estudar os orzamentos en profundidade. Jácome adiantou que o seu grupo presentará enmendas ao mesmo e fiscalizarán a execución das contas.

También te puede interesar