Vigo al minuto

Esquerda Unida indica que non hai informe algún que avale ‘éxito’ con axudas públicas a compañía aéreas privadas

Esquerda Unida salienta que a Comisión Nacional da Competencia, nos seus informes anuais, establece claramente que os máis de 250 millóns de euros en axudas á compañias entre 2007 e 2011 non serviron para facer viables as rutas comerciais en casi ningún aeroporto e moitas das axudas simplemente serviron para maquillar resultados económicos das compañías.

Para EU hai que avanzar na defensa da xestión pública do transporte aéreo e especialmente dos órganos xestores aeroportuarios como AENA. «Non é casual que a TAP Portuguesa sigue sendo pública  – unha vez fracasado o intento de privatización – e por iso pode establecer dende Oporto prezos con descontos para liñas de interese público imposibles de ofertar dende Vigo”. Incluso poden establecer, asegura EU,  estratexias públicas entre TAP e Turismo de Portugal  – ambas propiedade do estado – para fomentar o turismo masivo a rexións como o Algarve.

Rubén Pérez, coordinador local de EU en Vigo, considera que a mellor axuda que se pode facer para que os vigueses e viguesas usemos o aeroporto e crear a figura, xa existente en Renfe, de “obligaciones de servizo público” por parte do Ministerio de Fomento “alomenos da liña aérea Vigo-Madrid e Vigo-Barcelona e polo tanto habilitar axudas en forma de rebaixas das tasas e prezos dos billetes”. Xa vai sendo hora, engade Rubén Pérez, de entender que deixar o transporte aéreo ás leis de libre mercado e pretender que as axudas a compañías privadas repercutan no precio final do billete é imposible.

O responsable local de Esquerda Unida considera que é falso esa visión do aeroporto de Lavacolla como unha infraestructura que esta sendo viable polas axudas públicas de Xunta e Deputación xa que amortizar os 220 millóns de euros da nova terminal con axudas a unha compañía de baixo coste como Ryanair que supón o 60% do tráfico de Lavacolla é imposible.

Ademáis asegura que competir con Sa Carneiro, “que suma en só en un ano 6 millóns de pasaxeiros, un 60% máis de media que a suma dos tres aeroportos galegos, é imposible sen coordinarse entre os tres aeroportos galegos”. Por exemplo, continúa, en Portugal existe un tráfico importante a París pola forte comunidade lusa na cidade  -52.000 pasaxeiros cada trimestre – que “aquí en Vigo non se da polo que pretender establecer paralelismos entre líñas é completamente ilusorio”.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.