Galicia

Liberan ao Neno Xesús do Obradoiro nun caixeiro de Conxo

O colectivo ‘Fartas’  ven de pendurar en Youtube un novo vídeo coa “liberación”, esta noite nun caixeiro de Conxo, en Santiago, da figura do Neno Xesús que desapareceu o sábado do belén da Praza do Obradoiro. Nesta nova ‘comunicación’, duas voces informan de que a figura pasou a noite nun caixeiro, “coma tantos outros cidadáns anónimos”, ao tempo que advirten que esta operación “non é o fin de nada”, se non “un paso máis na historia da loita colectiva e popular”.

No vídeo aparecen, de novo, imaxes dun centro comercial compostelán e os ‘locutores’ sinalan que a restitución da figura á Praza do Obradoiro será inmedita, mentras que “milleiros de familias seguirán sen solución a causa da crise, construída coma unha estafa pola Banca e os seus políticos adxuntos”.

“As persoas non os importan. Vivimos nunha sociedade na que so interesa a mercadoría”, indican os autores desta acción. Os mesmos continúan decindo que esta sociedade está construída “sen valores e contra a maioría social”, e que “pronto o conxunto da sociedade despertará” e “demandará outra sociedade radicalmente igualitaria”.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.