Comarcas

Unha inxección de vitanimas ao galego cun concerto en Redondela

A campaña de apoio aos medios en galego realiza hoxe, venres, unha presentación en forma concerto en Redondela. O arpista Roi Casal e a cantante Silvia Ferré actuarán antes e despois da presentación de “Vitaminas para o galego”. A cita será a partir das 19:30 horas na Casa da Cultura desta vila, o Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Redondela organiza o acto.

“Vitaminas para o galego” é unha iniciativa de na que colaboran medios e plataformas de comunicación na lingua propia como Tempos Novos, Radiofusión, Valminor.info, quepasanacosta, o Cadernos de Comunicación, entre outros.

A campaña sumou xa máis de 5.100€ en donativos en liña a través da plataforma Verkami, superando os obxectivos de recadación fixados inicialmente. Todo o diñeiro adícase a sufragar a propia campaña e ao mantemento económico dos medios colaboradores.

“Vitaminas para o Galego” naceu co obxectivo de loitar contra a desaparición de medios en galego sufrida nos últimos meses coma Vieiros, Galicia Hoxe o A Nosa Terra.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.