RGPD - Cookies
Cultura

Máis de cincocentos rapaces galegos coñecerán outras comunidades na nova edición de ‘Escolas Viaxeiras

escolas-viaxeiras2A Consellería de Educación vén de conceder, en colaboración co Ministerio de Educación, axudas a 37 centros educativos para que 550 nenos e nenas de 4º, 5º e 6º de Primaria participen no programa formativo-cultural ‘Escolas Viaxeiras’ durante o ano 2010.

Grazas a esta achega, cada grupo de escolares seleccionados –formado por un máximo de 15 nenos e nenas acompañados dun profesor ou profesora- viaxará a unha Comunidade Autónoma, para coñecer as súas xentes, costumes, natureza, historia e recursos. A través destas visitas, os rapaces e rapazas aprenden a aceptar as diferenzas culturais dentro do seu entorno máis inmediato –o nacional-, e adquiren hábitos de defensa e conservación do ambiente e o patrimonio artístico e histórico.

A contía das axudas que reciben os centros educativos o aloxamento e manutención, tanto de alumnado como do profesor ou profesora acompañantes; así como o transporte correspondente ao percorrido de cada ruta, e a cobertura de riscos durante a viaxe. Á hora da selección, a Consellería de Educación valorou as características socioeconómicas da zona an que están situados os centros, co fin de darlles preferencia aos alumnos con menores oportunidades de dispoñer doutras ofertas por razóns económicas, culturais ou ambientais.

 

As rutas

 

No tocante ao patrimonio histórico, poderán coñecer os restos arqueolóxicos de Atapuerca (Burgos), os vestixios do Al-Andalus en Andalucía; o mosteiro de San Lorenzo de El Escorial e os Madrid dos Borbóns; os núcleos históricos das cidades das illas Canarias e Balears; así como a tradición do folclore de Aragón.

As ‘Escolas Viaxeiras’ reservan tamén un importante espazo á natureza, con percorridos pola ribeiras do Duero e o Ebro; as particularidades da flora e fauna de Tenerife, e das Cañadas do Teide; ou os vales pirenaicos.

As viaxes desenvolveranse en dúas quendas, a primeira delas entre o 14 de marzo e o 6 de xuño; a segunda entre o 26 de setembro e o 5 de decembro; e terán una semana de duración. Ao final das mesmas, alumnado e profesorado participante terá que realizar unha memoria de avaliación no que recollan as experiencias vividas, e valoren os coñecementos adquiridos e actitudes suscitadas por mor da viaxe.

Por último, as rutas prestan tamén atención especial ao Camiño de Santiago, con paradas en Puente la Reina e Estella, en Navarra; e un percorrido polos seus escenarios máis destacados en La Rioja.

Nesta ocasión, os 37 grupos seleccionados para participar nas ‘Escolas Viaxeiras’ percorrerán dezaoito itinerarios diferentes, a través de catorce Comunidades Autónomas, rexistrando as súas experiencias nun caderno de viaxe.

Entre os lugares que visitarán, os rapaces e rapazas coñecerán as industrias alimentarias do aceite e o mel na Andalucía Occidental; os cultivos intensivos baixo plástico de El Ejido; as industrias de transformación agrícolas de Cataluña; os recursos pesqueiros do País Vasco; ou os invernadoiros da rexión de Murcia.

 

También te puede interesar