Vigo al minuto

¡Mira que eres teatreir@!

Alumn@s do Chouzo, este mércores, representando 'O sorriso roubado'/Tresyuno Comunicación

Dende o pasado día 21 e ata este mércores, 29, o Auditorio Municipal do Concello , acolleu, baixo a dirección técnica da Escola Municipal de Teatro, as IV Xornadas Municipais de Teatro Escolar, nas que participaron máis de 400 novos actores e actrices pertencentes a 15 centros de educación primaria e aos grupos de nen@s da Escola Municipal de Teatro de Vigo.

Cada un dos centros de ensino participantes ofreceu unha representación teatral, e compartiron co resto dos centros o traballo creativo que desenvolveron individual e colectivamente ao longo do curso.

A diferenza doutras iniciativas, como mostras ou concursos de teatro escolar, esta programación didáctico-teatral favorece e supón un reforzo tanto do proceso de traballo creativo cotiá do profesorado e alumnado nos centros escolares, como da plasmación final en formato obra de teatro por parte dos escolares.

Coa continuación por cuarto ano consecutivo destas xornadas, preténdese recoñecer o labor creativo que se está a desenvolver nos centros de ensino, ademáis de tender pontes de froitífera colaboración entre os contornos escolares e o teatro profesional e afeccionado.

Un momento da representación/Tresyuno Comunicación

E o obxectivo cumpriuse ampliamente, á vista das representacións destos días, que foron tanto un éxito de público, coma de participación, implicación e entrega, como puxeron de manifestó este mércores @s alumn@s do Colexio Chouzo, en sendas representacións, ‘O soriso roubado’ e ‘Tacto’ cheas de imaxinación, nas que a música, o baile e a representación xuntáronse para ofrecer unhas entretidas obras teatrais.

Coma indicaron os representantes da Escola Municipal de Teatro, acadouse, ademáis a finalidade principal destas xornadas, que non era outra que aumentar o interese d@s máis pequen@s nunha actividade cultural que, se cadra, este ano no que o Día das Letras Galegas lembra a vida e obra do xenial Roberto Vidal Bolaño, empeza a atraer máis público ás representacións.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.