Heredeiros da Crus inaugurará en Tui a xira de concertos do seu novo traballo “Trankimasin”. O que será un dos grandes concertos das festas de San Telmo deste ano 2025 terá lugar este domingo 20 de abril ás 19.30 h no Espazo Feiral.
O grupo de rock coruñés volve aos escenarios con esta colección de 12 comprimidos receitados en caso de “deficiencia sanguínea de rock setentero”. Unhas cancións que, na liña desta banda icónica de rock en galego, van dende a irreverencia ata a retranca, sempre mesturados con guitarras electrizantes.
Máis novas
- 1,55 millones para el deporte de la provincia: 240 entidades recibirán ayudas para competir
- Fito & Fitipaldis, Arde Bogotá, Malú y Berto Romero: todo lo que llega al Mar de Vigo hasta enero
- Tacos gratis este martes: mira cómo conseguir uno en Taco Bell de Vialia
- Vigo tiene casi siete pisos turísticos por cada vivienda disponible en alquiler
- Salvamento Marítimo remolca una embarcación que se quedó sin motor frente a Liméns
- Los colegios concertados de Vigo, a su segunda huelga de este curso
Javi Maneiro (voz), Antonio Novo Suárez (guitarra), Tonhito de Poi (guitarra), Francisco Velo (baixo) e Manu Rey (batería) conforman Heredeiros da Crus. Unha banda que cumpre 33 anos con grandes éxitos como “Quero josar”, “Non che teñomedo” ou “Corasón de Carballo”, que non faltarán no concerto que ofrecerán en Tui.






