Galicia

Máis do 60% do persoal de oficinas e despachos secunda a folga total

Leva máis de 12 anos co convenio «paralizado»

O persoal de oficinas e despachos da provincia de Pontevedra segue a amosar a súa determinación para «lograr un convenio colectivo que dignifique as condicións laborais do sector tras 12 anos sen melloras nin subas salariais«. Este martes, respondendo á convocatoria da CIG, máis do 60% do persoal secundou a xornada de folga de 24 horas, tras os paros parciais desenvolvidos con anterioridade.

Ademais, un bo número de traballadoras participaron nos piquetes informativos e nas mobilizacións que tiveron lugar en Vigo, Pontevedra e Vilagarcía, con concentracións diante de asesorías e despachos de avogados.

No Círculo de Empresarios

No caso de Vigo tamén houbo unha mobilización diante do Círculo de Empresarios de Galicia, e a xornada rematou cunha protesta na Porta do Sol, onde interveu a secretaria comarcal da CIG-Banca, Iria Salvande, que adiantou a disposición da central sindical a continuar promovendo protestas “até que logremos mellorar un convenio que é dos peores da provincia”.

Máis dunha década co convenio paralizado

Dende a CIG-Banca fan fincapé na importancia desta loita nun sector que leva 12 anos co convenio paralizado, “malia o que a patronal segue sen entender que non imos conxelar o complemento de antigüidade e négase a aceptar a realidade salarial do sector. Así,m aseguran que o «empresariado pretende substituír o complemento de antigüidade por salarios que, nalgunhas categorías, supoñen un incremento sobre o SMI de 9€ brutos anuais, unha proposta da CEP que non recoñece a profesionalidade do persoal do sector nin o seu carácter esencial, como quedou claro durante os momentos máis duros da pandemia da covid”.

Tamén quere que a aplicación en táboas sexa dende o 1 de xaneiro deste ano, “mentres que para nós é innegociábel que a aplicación sexa dende xaneiro de 2023”. E négase a introducir unha cláusula de garantía salarial que operaría en casos de inflación disparada (como aconteceu nestes últimos anos).

Por iso na central sindical entenden que o único xeito de lograr o convenio “digno e xusto” que merecen os traballadores pasa pola mobilización. “Loitar é o único camiño para dignificar as nosas condicións de traballo e para adaptar os salarios á realidade económica actual, e non imos esperar máis tempo”.

Suspensión das negociacións

Inciden en que tanto Asime, a patronal do metal, como Anfaco, da industria conserveira “son dúas das empresas afectadas por este convenio que máis resistencia amosan para non alcanzar acordos xa que pretenden seguir pagándolle o salario mínimo ao seu persoal. E lembran que as súas pretensión empeorarían o actual convenio a pesar de que leva caducado dende 2011, “xa que agora aínda que cobran o SMI polo menos teñen plus de antigüidade, pero os plans do empresariado pasa pola súa conxelación”.

Un empresariado que non se está a tomar ben as mobilizacións do persoal, até o punto de que tras nove xuntanzas da mesa negociadora do convenio optou por suspender a reunión prevista para o pasado venres 12 -precisamente un día despois de que tivese lugar a segunda xornada de paros parciais-, tal e como comunicou a Confederación de Empresarios de Pontevedra (CEP).

Continuará a folga

Ante esta situación, a folga continuará este martes, día 16, o mércores 17, xoves, 18 e venres 19 deste mes. Así mesmo, está convocada unha concentración diante da sede da CEP en Vigo, o xoves ás 19:30h.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.