Comarcas

Torneiros terá outra luz

O Concello substituirá o alumeado nas zonas residenciais e no parque Piñeiro

Torneiros terá outra luz será así logo de que o Concello do Porriño impulsase o proxecto de substitución do alumeado público do polígono residencial e do parque Piñeiro.

A primeira fase desta actuación xa está aprobada e contempla a renovación de 105 lámpadas por luminarias LED nas zonas peonís das fases II e III. Conta cun investimento de 40.000 euros ao abeiro dunha subvención do Fondo de Compensación Ambiental da Xunta.

Segunda actuación

A intervención neste núcleo de vivendas, un dos que máis poboación concentra do municipio, é global e non se limita a esta área. O Concello ten proxectada unha segunda actuación nas fases I e IV, onde se instalarán 51 luminarias LED. Este proxecto supoñerá un investimento de máis de 34.000 euros.

“Trátase de mellorar a seguridade e a calidade na prestación do servizo de alumeado público nesta zona residencial, xa que a instalación actual está obsoleta, ten unha antigüidade de 30 anos”, explicou o alcalde. Alejandro Lorenzo subliñou que «coa sustitución das luminarias non só melloraremos os niveis de iluminación e de eficiencia enerxética, tamén se reducirá o consumo, o gasto e contribuiremos á mellora medioambiental coa optimización dos recursos enerxéticos”.  

Parking para autocaravanas no Porriño

Área de caravanas

Así mesmo, Porriño contará nas próximas semanas cun área de caravanas e autocaravanas no centro urbano. Trátase dunha zona que ocupará uns 200 m2 da parcela de Leandro Diz, habilitada como aparcamento gratuíto. Os traballos de acondicionamento da parcela xa comezaron e unha vez rematados ofrecerán un aparcadoiro con todos os servizos para as autocaravanas, ademais da zona habilitada como aparcamento gratuíto que xa está en funcionamento.

O alcalde asegura que esta demanda tiña que atenderse, considerando que «se trata dunha forma de turismo en auxe». Lorenzo apunta, que, ademáis, «impedimos que as caravanas e autocaravas que chegan ao Porriño se instalen noutros aparcadoiros, ante a falla dun estacionamento municipal habilitado”.

Saneamento

Ao mesmo tempo, o Goberno local segue espallando a rede de Saneamento por todo o Concello e, se hai uns días xa se conectaban varias vivendas de Cans á rede municipal, agora por medio do investimento de máis de 1 millón de euros traballase na conexión integral da parroquia de Budiño.

Ás obras de extensión da rede no Picouzo, que dará servizo a 29 vivendas e ao colexio,  sumaranse as dos barrios de Benunes, Eiriz, Rozadas, e parte da Vacaría e Mantelle. En total, executaranse 4 quilómetros de rede e unhas 100 acometidas, o que permitirá que máis de 300 veciños da parroquia dispoñan de conexión a este servizo. 

As concellerías de Vías e Obras e Urbanismo contan xa co proxecto e están só a espera das pertinentes autorizacións sectoriais, xa solicitadas, para proceder á licitación destes traballos. A inversión para levar a cabo estas actuacións ascende a 538.529 euros no caso de Benunes e 345.000 no de Sobral – Eiriz.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.