Comarcas Vigo al minuto

Covelo abre o prazo para solicitar as axudas de libros e material do alumnado de Infantil

As solicitudes teñen que presentarse antes do 9 de outubro

O Concello de Covelo informa que xa está aberto o prazo para solicitar as axudas para libros de texto e material escolar de educación infantil.

Co obxectivo de axudar ás familias a sufragar os gastos derivados do comezo do curso escolar, aquelas que estean empadroadas poderán recibir un máximo de 100€ por alumna/o, agás as familias numerosas ou con fillos cunha minusvalía igual ou superior ao 33% que poderán chegar aos 125€.

«Acompañar ás nosas familias no día a día»

“Axudar á conciliación familiar e laboral con servizos como os campamentos de verán ou a aula matinal en colaboración coa asociación de nais e pais, a oferta de actividades deportivas e de tempo de lecer no propio concello ou a axuda económica para contribuír nos gastos de material e libros son fundamentais para acompañar o día a día das nosas familias”, explica o alcalde, Pablo Castillo.

Como solicitar as axudas?

As persoas interesadas deberán pedir cita previa nos servizos sociais municipais para a presentación da documentación. O teléfono é o 986 65 00 27, extensión 3. O prazo rematará o vindeiro 9 de outubro. As bases poderán ser consultadas na páxina web do Concello ou clikando nesta ligazón.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.