RGPD - Cookies
Galicia Sucesos

Fin de semana sen mortes nas estradas galegas, pero con 60 feridos en accidentes

Pontevedra foi a provincia máis afectada con 24 sinistros

Fin de semana sen mortes nas estradas galegas, pero con 60 feridos en accidentes

Pontevedra foi a provincia máis afectada con 24 sinistros

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a fin de semana 60 persoas debido a 47 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas entre as 3 da tarde do pasado venres, 2, e as 12 menos un minuto da noite deste domingo, 4 de decembro.

A Central de Coordinación do 061 recibiu nestes días 69 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Así, os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas foron 58. As ambulancias asistenciais de soporte vital avanzado asistiron en 6 accidentes; as ambulancias asistenciais de soporte vital básico asistiron en  46 sinistros e os equipos sanitarios de Atención Primaria prestaron asistencia sanitaria en 6 accidentes.

En 10 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes e en  50 ocasións atendeuse no propio lugar do incidente.

También te puede interesar