Galicia Vigo al minuto

Feijóo ve posibilidades de celebrar este verán concertos con 10.000 persoas

Cun aforamento limitado, co público sentado, sen interacción e en espazos abertos

O presidente da Xunta opina que é posible celebrar este verán concertos con 10.000 persoas en Galicia. Así o dixo nunha entrevista concedida este domingo á Radio Galega.

Feijóo sinalou que se organizarían cun ‘aforamento limitado’, co público sentado, sen interacción e en espazos abertos. En concreto, o presidente referiuse ás actuacións no ‘Monte do Gozo’, que ten capacidade para 40.000 asistentes e no que se permitiría a asistencia de 10.000. Eso sí, acrarou, «se todo vai ben» no que se refire á evolución da COVID.

A metade da poboación galega vacinada en xullo

O presidente amosouse seguro de que no mes de xullo, mais da metade da poboación galega estará vacinada conta a COVID. Isto, engadiu, facilitará que, con medidas estritas, sexa posible organizar este tipo de concertos con 10.000 persoas.

No mesmo senso, Feijóo lembrou que Galicia está aberta dende o domingo pasado e que xa podemos acoller aos peregrinos. O xefe do Executivo galego comentou que as cousas empezarán a cambiar e que veremos un «incipiente Xacobeo» que, na súa opinión, comezará, de verdade, en xullo deste 2021.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.