Comarcas

Patos será tamén ‘Praia sen fume’

Trátase dun areal totalmente vinculada á cultura surfeira

Patos Nigrán

 O Concello de Nigrán sumará este ano de xeito experimental a Praia de Patos á ‘Rede Galega de Praias sen Fume’.

Dende o Concello elexiuse a Praia de Patos, que é xunto con Praia América o máis senlleiro de Nigrán, totalmente vinculada á cultura surfeira porque aquí se iniciaron nos anos 70 os primeiros surfistas da comunidade atraídos polo seu estilo salvaxe, sendo precisamente o obxectivo do goberno municipal dar un paso máis de cara ao benestar físico e medioambiental que representa prescindir do tabaco.

Normalizar o ‘non -fumar’

“A Praia de Patos é o sitio por excelencia para promover hábitos de vida saudables e onde normalizar o non-fumar”, incide o alcalde, quen presentou a solicitude a semana pasada.

Cabicheiros

Desde 2019 o Concello de Nigrán ten instalados cabicheiros artesanais na entrada das principais praias coa mensaxe ‘Area sen Cabichas’ para que alí se depositen e co obxectivo de apelar á responsabilidade da cidadanía.

You may also like