
María L. García | vigoalminuto
O Bloque Nacionalista Galego (BNG) quere que os cargos políticos do Concello de Vigo con dedicación exclusiva ou parcial manteñan en 2027 as mesmas retribucións que este ano. A formación presentou unha emenda ás Bases de Execución do Orzamento municipal para rexeitar a actualización do 5,5% prevista polo Goberno de Abel Caballero e conxelar os salarios da Corporación.
O portavoz municipal do BNG, Xabier P. Igrexas, considera que a suba non está xustificada nunha cidade na que, segundo denuncia, unha parte importante da poboación sofre precariedade laboral e dificultades económicas.
Cos incrementos propostos, o salario anual do alcalde superaría os 82.500 euros, mentres que as retribucións dos concelleiros con dedicación exclusiva pasarían dos 71.000 euros.
En 2026, el presidente del Gobierno, Pedro Sánchez, percibe 96.921,84€ brutos anuales Carlos Cuerpo, vicepresidente primero, 91.097,04€ Cada ministro, 85.513,32€ Alfonso Rueda, presidente de la Xunta cobra 85.74€ brutos al año y Luis López Diéguez, presidente de la Diputación de Pontevedra 85.726,48€ brutos |
Máis de catro veces o salario mínimo
«Non teñen xustificación retribucións que son máis de catro veces o salario mínimo e que se sitúan por riba das categorías máis altas do persoal público», afirma Igrexas.
A proposta do BNG non cuestiona que a representación institucional deba contar cunha remuneración suficiente. O portavoz nacionalista defende que as condicións económicas permitan participar na vida política a persoas de calquera orixe e situación profesional, pero considera que ese principio non ampara salarios que se afastan dos ingresos da maioría social.
«Unha cousa é garantir retribucións económicas dignas, e outra fixarse salarios estratosféricos nunha cidade na que preto dunha de cada tres persoas traballadoras están por debaixo do salario mínimo», sostén.
Igrexas cualifica de especialmente inxustificable o incremento nun contexto de carestía da vida e dificultades para numerosos fogares. «É rotundamente inaceptábel que se continúe a alargar a distancia entre as retribucións dos e das representantes institucionais da cidade cos da maioría social», denuncia.
O BNG tamén cuestiona os salarios do persoal eventual
A emenda á proposta orzamentaria enmárcase nunha reivindicación que os nacionalistas manteñen desde hai anos: abrir un debate sobre a racionalización das retribucións dos cargos políticos municipais e do persoal eventual ou de confianza.
Nese ámbito, Igrexas cuestiona que familiares directos de integrantes do Goberno local cobren entre 35.000 e 50.000 euros anuais por traballar no Gabinete de Alcaldía, con salarios que, segundo afirma, superan significativamente os do persoal funcionario.
O portavoz lembra que o rexeitamento do BNG ás retribucións aprobadas polo Goberno municipal non é novo. A formación xa votou en contra dos salarios fixados no pleno de organización ao comezo do actual mandato, en 2023, e mantivo a mesma posición no anterior.
Igrexas contrapón a súa proposta aos privilexios económicos que, ao seu xuízo, alimentan a distancia entre a cidadanía e as institucións. «Fronte aos discursos da antipolítica e que só alentan a desafección cidadá e a desconfianza nas institucións democráticas, o BNG defendemos que a política non pode ser tratada como unha profesión, nin un modo de vida. É un espazo para a participación democrática e iso é incompatíbel con privilexios económicos», conclúe
OuTraS NoVaS
- Luisa Sánchez exige a Caballero que dé explicaciones y pida perdón por la condena de Abrir Vigo al Mar (Vídeo)
- O BNG oponse á suba do 5,5% dos salarios dos cargos electos que propón o goberno municipal
- Galicia perde emprego en outubro mentres España bate récord de afiliación á Seguridade Social
- Los estadounidenses no aguantan ni dos años a la derecha extrema
- El Concello tendrá que pagar 4,58 millones al Puerto por incumplir su obligación con ‘Abrir Vigo al Mar’





