Galicia Vigo al minuto

Carmela Silva denuncia que na sociedade impulsora dos fondos europeos non hai mulleres

Esixe á Xunta, que rectifique de inmediato

Carmela Silva

A presidenta da Deputación Carmela Silva pide que se arranxe, de inmediato este feito.

A Deputación de Pontevedra esixe ao presidente Feijoo que se corrixa a composición do Consello de Administración da sociedade impulsora dos fondos europeos, na que non figura unha soa muller.

Decisión “insólita e incomprensible”

Na carta remitida a Feijóo, Carmela Silva cualifica este feito de
“insólito e incomprensible”. Por iso, esixe á Xunta, que rectifique de inmediato e se proceda á incorporación de mulleres ao Consello de Administración para que sexa paritario.

Carta de Carmela Silva al presidente Feijóo

Inaudito

Carmela Silva lembra a Feijoo e ás empresas participantes nesta
sociedade que ”resulta inaudito que en pleno século XXI se permitan o luxo de desperdiciar o enorme talento de moitas mulleres galegas”.

A presidenta salienta a importancia que teñen na economía, a industria, o medio ambiente, o urbanismo, a mobilidade, a demografía, a transición ecolóxica, a dixitalización ou a enxeñaría. Así mismo, apunta a que “por non estar, nin sequera figura unha soa conselleira do seu goberno”.

“Intolerable”

A presidenta da Deputación subliña que “a falta de presenza do 50% da poboación resulta intolerable e non pode representar de ningunha das formas á sociedade galega”.

You may also like