'Qué te cuentas?' Galicia

O Consorcio do Casco Vello rehabilitará dous novos edificios nas rúas do Berbés e San Francisco

Permitirá aumentar en seis as novas vivendas na zona histórica

O Consorcio  Casco Vello de Vigo (CCVV) deu o seu visto e prace á licitación de dous novos proxectos no barri histórico.

Esta operación suporá a rehabilitación, por un importe de 1,5 millóns, das edificacións da rúa Berbés 29 e San Francisco 15.

Segundo informou Corina Porro, esta operación suporá unha intervención sobre uns 1.000 m2 e permitirá aumentar en seis as novas vivendas nesta zona, ademáis doutro local comercial.

Berbés, 29

A intervención en Berbés 29 afecta en realidade á agrupación de tres edificios –Berbés 29, Berbés 31 e Poboadores 40-.

Dará lugar a unha edificación cunha superficie construída de 795,70 m2 distribuídos en sete niveis, con catro vivendas e un local comercial.

O orzamento básico de licitación neste caso é de 1.127.360€.

En canto á distribución da planta baixa, situada ao nivel da Praza do Berbés, aloxará zonas comúns e un local comercial de 77,10 metros cadrados .

Na primeira planta estarán situados catro rochos, zonas comúns e unha vivenda de 97,35 m2, dotada cun dormitorio e un baño. As plantas segunda e terceira aloxarán unha vivenda cada unha delas, ambas de dous dormitorios e dous baños e unha superficie de 135,75 e 112,5 m2, respectivamente.

A última das vivendas será un triplex de 98,80 metros cadrados, tamén dotado con dous dormitorios e dous cuartos de baño, que se distribuirá entre as plantas cuarta, quinta e sexta.

San Francisco, 15

Esta actuación exponse cun orzamento base de licitación de 369.812€ e dará lugar a dúas novas vivendas tipo dúplex, con acceso independente para cada unha delas.

Ambas as vivendas divídense nunha zona de día, situadas nas plantas inferiores e onde se atoparán un salón-comedor-cociña, un aseo e un lavadoiro- tendal, e zona de noite formada por tres dormitorios e un baño e situadas nas plantas superiores.

A vivenda A, distribuída entre a planta baixa e a primeira altura, terá unha superficie útil de 110,84 m2.

A denominada vivenda B, á que se accederá desde a rúa Poboadores, contará con 119,74 m2. Ambas contarán, ademais, cun pequeno balcón.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.