RGPD - Cookies
Destacados Vigo al día

Segue a programación do ‘Entroido 2020’ de Vigo

Este luns, segue o programa do Entroido 2020 de Vigo, totalmente adicado aos máis cativos. Dende as 17:00 h. e ate as 20:00, están programados varios ‘Obradoiros e Animacións’ diate do Museo de Arte Contemporánea (MARCO), en Príncipe.

Dende as 18:00 empezarán as actuacións das actividade de ‘Animación de rúa’, tamén diante do MARCO e, no mesmo lugar e á mesma hora haberá unha ‘Chocolata infantil’.

Martes de Entroido

A programación segue este martes, día 25, coa ‘Animación dos Merdeiros’, pola mañá e pola tarde, no Centro Histórico. Pola tarde, dende as 16:30h. será o Concurso de Disfraces, diante do MARCO, que contará coa animación do DJ Espectáculo.

Os participantes na modalidade ‘Infantil individual e grupos’, poderán inscribirse dende esa hora,e os da modalidade de »Adulto individual e grupos’, dende as 17:30h.- o concurso comezará ás 18:30-. Ás 21:30 h. na Porta do Sol, chegará o momento da ‘Queima do Meco’.

Mércores, 26

Ás 18:00h., na Porta do Sol, serán as ‘Exequias funerarias solemnes’, seguidas do ‘Desfile de acompañamento’ das comparsas e da Comitiva Fúnebre- por Príncipe, Colón y Policarpo Sanz, para rematar na Porta do Sol-. Ás 19:30h. será o ‘Enterro do Meco’, cos oficios laicos, responsos e sermóns e, a lectira da acta do xurado, entrega de premios do concurso de comparsas e carrozas, tamén na Porta do Sol.

También te puede interesar