Galicia Vigo al minuto

#26M @bngvigo logra o apoio de «45 referentes culturais da cidade»

Este xoves, lanzouse publicamente a iniciativa “Somos cultura, temos lingua. Manifesto contra a desertización cultural de Vigo” que subscriben 45 referentes culturais da cidade, entre os que se atopan artistas, artesás, escritoras, músicos e outros axentes do tecido cultural quixeron demandar xunto ao Bloque unha verdadeira política cultural para a cidade.

Nas sinaturas salientan nomes como o do crítico literario Ramón Nicolás, o debuxante Pepe Carreiro, a poeta Marta Dacosta, o xefe de estudos da Escola Superior de Arte Dramático Roberto Pascual, o escritor e fotógrafo  Vitor Vaqueiro, o actor e director teatral Xoán Abreu, o músico e regueifeiro Luís ‘O Caruncho’, a primeira bailarina do Ballet de San Francisco Dores André Rodríguez, o xornalista Afonso Eiré ou a filósofa e escritora Carme Adán.

O manifesto foi presentado polo candidato do BNG á alcaldía de Vigo, Xabier P. Igrexas, acompañado pola portavoz nacional do Bloque, Ana Pontón, e outras integrantes da candidatura municipal durante un percorrido pola Porta do Sol e a rúa do Príncipe.

No texto saliéntase que  “se en Vigo houbo política cultural no pasado, foi grazas ao esforzo compartido dos diversos axentes culturais e ao traballo e compromiso do BNG, como ficou demostrado nos períodos en que asumiu a dirección da política cultural da cidade”.

Nesa perspectiva, as persoas asinantes declaran que “apostamos en que o nacionalismo galego volva  ser unha forza decisiva e determinante na cidade para revitalizar a actividade cultural”.Por iso facemos un chamamento aos moitos millares de persoas que non entenden nin se resignan a aceptar unha política cultural tan pobre e desértica na principal cidade de Galiza, a utilizaren o seu voto o próximo 26 de maio para promover unha mudanza” conclúe o texto animando a apoiar a candidatura do BNG.

Xabier P. Igrexas, pola súa parte, denunciou que “se hai un ámbito onde se nota o efecto letal da maioría absoluta do PSOE foi no desmantelamento de moitos programas culturais que estaban funcionando na cidade».

En lugar de facer que o Concello actúe como un dinamizador cultural, o actual goberno converteuse nun fumigador anticultural”. O candidato agradeceu “o compromiso e a valentía das 45 persoas dando un paso adiante e reclamando en voz alta que Vigo merece outra política cultural”.

Xiro de 180º

A proposta do Bloque defende a necesidade dun “xiro de 180º” na política cultural coa intención de democratizar o acceso social á cultura, facendo chegar a cultura nas súas diversas manifestacións ás clases populares e traballadoras, os barrios e as parroquias, como mellor xeito humanizar de verdade a cidade”, explicou Igrexas. .

Poñendo como exemplos o  MARCO ou o Centro de Arte Fotográfico, hoxe pechado, baleiro e sen actividade, o candidato nacionalista chamou a dinamizar a rede museística hoxe “reducida a unha rede de contedores baleiros, sen contido nin programación que seguen a perder visitantes”.

Igrexas puxo o foco no impacto especialmente negativo da actual política cultural para os novos e as novas creadoras da cidade. “Nós estamos a carón desa mocidade creadora que padece que o goberno de Abel Caballero desmantelase os Castroconcertos, que era un programa pioneiro que permitía despregar todo o talento e a forza creativa da mocidade de Vigo.

«Ou que ve como na programación das festas, para alén de sistematicamente excluír a música galega e en galego, non hai espazo tampouco para os grupos e as bandas desta cidade que é tamén punteira na creación musical”.

O Bloque ve urxente dar unha viraxe de 180 graos que volva facer de Vigo unha cidade pioneira en materia cultural. “O noso compromiso é facer unha emenda á totalidade, un revulsivo que volva colocar a Vigo á cabeza en políticas culturais e na vangarda, que é onde debe estar”.

Para iso, o BNG propón crear un Consello Municipal da Cultura que sexa o encargado de elaborar un Plan Estratéxico Local de Políticas Culturais, como folla de ruta para impulsar a cultura en Vigo.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.