Ciencia y Tecnología Destacados

O Complexo Hospitalario de Vigo impulsa novas técnicas endoscópicas para tratar enfermidades do esófago

Formación en técnicas avanzadas para realizar  endoscopias no esófago de pacientes cunhas patoloxías moi concretas.

Este foi o obxectivo da xornada que organizou o servizo de Aparello Dixestivo, en colaboración co Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur, e que estivo a cargo do doutor Eduardo Albéniz, do Complexo Hospitalario de Navarra, experto en estas técnicas, e da doutora Pamela Estévez, facultativa do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (CHUVI).

A xornada asistiron uns quince especialistas de Galicia e do norte de Portugal, que puideron coñecer de primeira man as técnicas avanzadas para o tratamento endoscópico de dúas patoloxías de esófago: o divertículo de Zenker e a Achalasia.

“Son dúas enfermidades pouco frecuentes, pero cuxo tratamento por vía endoscópica é mellor para o paciente xa que evita a cirurxía, que é a alternativa que existe agora para tratalas, pero que non resolve todos os casos”, explica a doutora María Luisa de Castro Parga, adxunta do servizo de Aparello Dixestivo e unha das coordinadoras da xornada.

Segundo o xefe de servizo, doutor Rodríguez Prada, o Hospital Alvaro Cunqueiro conta cunhas instalacións e un equipamento endoscópico de alta calidade, e ademais está en fase de crecemento polo que contamos poder implementar estas e outras técnicas proximamente”.

De levarse a cabo a iniciativa, o  CHUVI sería o primeiro complexo sanitario do Servizo Galego de Saúde en realizar estas técnicas de forma habitual, sempre tendo en conta que as patoloxías non son excesivamente frecuentes.

O servizo de Aparello Dixestivo do CHUVI conta agora con 19 facultativos especialistas en endoscopias, 4 médicos en formación e imparte docencia a estudantes de Medicina da Universidade de Santiago.

O nivel de actividade do servizo é moi alto e se realizan no hospital vigués unhas 15.000 exploracións endoscópicas anuais tanto diagnósticas como terapéuticas.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.