Galicia Vigo al minuto

@bngvigo lanza unha App para que os cidadáns poidan facer propostas ao seu programa electoral

O BNG de Vigo continúa a avanzar na elaboración do seu programa electoral de cara as vindeiras Eleccións Municipais do próximo 26 de maio. Coa finalidade de facilitar a  participación directa das viguesas e vigueses, vén de lanzar unha para poder enviar desde calquera dispositivo Android, móbiles ou tablets, “ideas, propostas e suxestións” para a súa incorporación no programa do Bloque.

“O novo impulso que o BNG queremos darlle a Vigo só será posíbel contando con todas e con todos. Queremos sumar todas as ideas, todas as propostas, para construírmos entre todas unha cidade para o pobo, unha cidade de iguais e unha cidade que sexa motor de todo un País”, explicou o candidato do Bloque á alcaldía, Xabier P. Igrexas.

App sinxela e rápida

A App está dispoñíbel na Google Store (buscando o termo “BNG”) e tamén a través dun código QR que se está a distribuír nas redes sociais e con cartelaría nas rúas da cidade baixo o lema “Contigo faremos de Vigo unha cidade para o pobo”.

Para facilitar a súa instalación pode accederse de maneira directa a través de www.i.gal/programaBNGvigo. Unha vez instalada pode enviarse de maneira moi sinxela calquera proposta. Ademais desta vía, a formación nacionalista tamén recollerá ideas a través dos seus perfís en redes sociais (Facebook, Twitter e Instagram) e correo electrónico.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.