Cultura

Redondela propón unha ‘lectura’ radiofónica de ‘Vinte mil leguas baixo dos mares’ para celebrar o 150 aniversario da chegada do Nautilus a San Simón

Co gallo da  conmemoración do 150 aniversario da “chegada” do Nautilus á Enseada de San Simón, as Bibliotecas de Redondela e a Radio Municipal organizan unha  lectura radiofónica da obra de Jules Verne ‘Vinte mil leguas baixo dos mares» á que convidan a participar a toda a cidadanía.

As persoas interesadas deberán achegarse as instalacións da emisora para proceder a gravación dun fragmento da obra. Unha lectura pública a través das ondas que busca homenaxear unha das obras fundamentais da literatura de aventuras.

O único que hai que facer é achegarse á emisora (Casa da Cultura-Praza Figueroa s/n) a partir deste martes, 4 de setembro. Aconséllase chamar previamente ao teléfono 986 408139 (Radio Redondela) para determinar o horario máis axeitado.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.