Galicia

A débeda pública de Galicia medrou en preto dun 131% dende que Feijóo está á fronte da Xunta

Segundo os datos difundidos este mércores polo Banco de España, a débeda de Galicia era, en decembro do no pasado de 11.210 millóns de euros , o que representa o 18,4% do noso Produto Interior Bruto (PIB).

Galicia é a sétima comunidade máis endebedada, por detrás de Cataluña (con 77.740 millóns),  Valencia (46.187 millóns), Andalucía (34.260 millóns), Madrid (32.783 millóns), Castela-A Mancha (14.340 millóns) e Castela e León (11.870 millóns), segundo os devanditos datos.

Tendo en conta os mesmos, en 2009, cando Alberto Núñez Feijóo chegou á Presidencia da Xunta, a débeda pública de Galicia era de 4.859 millóns de euros, o 8,6% do PIB: agora é preto dun 131% máis alta e multiplica máis que por dous a porcentaxe do Produto Interior Bruto, un 18,4% fronte a un 8,6%.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.