Galicia

@Xunta abre o prazo para que os autónomos soliciten axudas pola contratación dun traballador por maternidade ou paternidade

O Diario Oficial de Galicia (DOG) vén de publicar a axuda específica dirixida a autónomos para financiar durante 16 semanas a contratación do traballador que se atope cubrindo a baixa por maternidade ou paternidade.

O Goberno de Galicia amplía outras 16 semanas máis a bonificación do Estado, o que permitirá aos pais e nais autónomos manter durante un total de 32 semanas este apoio que cubre o 100% da cota empresarial da Seguridade Social, incluíndo os conceptos por accidentes de traballo e enfermidades profesionais.

O prazo de solicitude desta iniciativa da Consellería de Economía, Emprego e Industria será dun mes, ata o 27 de novembro, para as contratacións realizadas antes da publicación da orde de axudas no DOG. Para as que se desenvolvan posteriormente, o prazo será dun mes desde a fecha da contratación, co límite do 30 de novembro.

O Goberno galego, a través da Estratexia Autónomo 2020, investirá este ano 800.000€ nesta actuación que nace con carácter permanente, é dicir, que se prevé prorrogar nos vindeiros anos.

Para ter dereito á axuda, previamente a persoa traballadora autónoma tivo que estar de baixa por maternidade ou paternidade e ter contratado a unha persoa desempregada co contrato de interinidade por maternidade ou paternidade. Financiaranse os contratos que se teñan renovado ou se renoven, unha vez rematada a baixa por maternidade ou paternidade, entre o 1 de xaneiro e o 31 de outubro deste ano.

É unha axuda flexible, xa que a renovación do contrato se poderá facer, como máximo, nos 15 días posteriores aos que finalice a baixa. Estímase unha axuda media de 2.000€ por contrato.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.