Deportes

A @depo_es destinará 60.000 euros a deportistas da provincia

 

descarga

A Deputación de Pontevedra aprobou unha nova convocatoria de axudas para deportistas non profesionais que, ó longo do 2016, participaron en eventos nacionais e internacionais incluídos nos calendarios oficiais das federacións deportivas. Estas achegas, por valor de 60.000 euros poderán solicitarse ata o 5 de decembro.

Como principal novidade, con respecto ós anos anteriores, cómpre destacar que por vez primeira se incorpora nunhas bases de subvencións para deportistas a renda como criterio, o que permitirá que aquelas persoas con menos recursos teñan máis posibilidades de optar ás achegas. Por outra banda, e tamén por primeira vez, se inclúe nesta convocatoria tanto o deporte adaptado como o deporte feminino.

As axudas para deportistas individuais, reguladas a través de bases e mediante o procedemento de concorrencia competitiva ordinaria, destinaranse a proxectos de actividades deportivas realizadas desde o 1 de xaneiro de 2016 e ata o fin de prazo de presentación das solicitudes (5 de decembro). A través das mesmas a institución provincial subvencionará tanto os gastos por desprazamento, como de aloxamento e inscricións en competicións deportivas enmarcadas nos calendarios oficiais das federacións deportivas.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.