Galicia Sucesos

Ferido o conductor dun coche ao chocar contra un poste en Poio

ambulancia-4

Un home resultou ferido a primeira hora desta mañá ao chocar o turismo que conducía contra un poste na PO-308, ao seu paso por Chancelas, en Poio. O ferido foi trasladado en ambulancia a un centro médico.

Os feitos ocorreron ás 09.30 horas desta mañá e, a consecuencia do golpe, o poste quedou inestable e con risco de caer. Ademais, o vehículo verteu aceite na vía, polo que tivo que intervir un equipo de limpeza e mantemento da Axencia Galega de Infraestruturas. No operativo tamén participaron efectivos do GES de Sanxenxo e da Garda Civil de Tráfico.

Un ciclista ferido en Cecebre

Por outro lado, os servizos de emerxencia tiveron que rescatar a un ciclista que resultou ferido tras caer nunha zona de difícil acceso nun monte preto da presa de Cecebre, en Cambre. Aínda que estaba consciente, o ciclista tiña dificultades para moverse, polo que tiveron que intervir membros de Protección Civil e Bombeiros de Arteixo.

Ademais, un operario resultaba ferido de gravidade ao caerlle enriba unha plancha de montaxe cando estaba a preparar o escenario de orquestra no campo de festas de Berdeogás, en Dumbría. O accidente produciuse arredor das 11:30 horas e ata o lugar se desprazou o helicóptero medicalizado con base en Santiago.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.