Cultura Vigo al minuto

Falece Agustín Fernández Paz, un dos piares da literatura infantil e xuvenil en Galicia

agustin fernandez paz

O escritor Agustín Fernández Paz, unha das grandes figuras da literatura galega, morreu ás 07.00 horas deste martes no seu domicilio de Vigo.

Ligado a Xerais dende hai anos, Fernández Paz constituíu un dos piares fundamentais do florecemento da literatura infantil e xuvenil en Galicia e xogou un papel moi importante no crecemento estratéxico tanto da editorial como da cultura galega.

O cadro de persoal de Xerais amosou as súas condolencias pola desaparición dunha das figuras máis salientables da cultura galega de hoxe, coa que «Galicia perde non só un escritor excepcional e popular senón un referente ético de primeira magnitude. O prestixio dos seus libros, constantemente reeditados e traducidos a moitas linguas, deu a coñecer en diversos países do mundo o valor da literatura infantil e xuvenil galega».

Ampla traxectoria

Nacido Vilalba en 1947, Agustín Fernández Paz foi unha das figuras máis destacadas da literatura galega contemporánea cunha ampla obra que colleitou innumerables premios, dende o Premio Lazarillo en 1990 por ‘Contos por palabras’, o Premio Edebé de literatura xuvenil en 1994  por ‘Trece anos de Branca’ ou o Premio Rañolas ao mellor libro xuvenil por ‘Cartas de inverno’ ata o Premio Nacional de literatura infantil e xuvenil por ‘O único que queda é o amor’.

A maior parte da súa obra está traducida a todas as linguas ibéricas, coreano, árabe, francés, chinés, búlgaro, bretón, italiano e inglés. Entre outros recoñecementos á súa traxectoria, recibiu o Premio Irmandade do Libro (2003); o Premio Xosé María Álvarez Blázquez (2008), a Letra E (2009) da AELG; e en 2011 recibiu o Premio Iberoamericano SM de Literatura Infantil e Xuvenil. Foi o candidato da OEPLI ao Astrid Lindgren Memorial Award, en 2011 foi escollido pola OEPLI como o candidato español ao Premio Andersen 2012 e en 2015 a AELG propúxoo como candidato ao Premio Nobel de Literatura.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.