Galicia

O sector das ambulancias sairá á rúa para reclamar un convenio xusto

ambulancias manifestacion

O sector das ambulancias iniciará mobilizacións para reclamar un convenio colectivo xusto e denunciar a paralización das negociacións pola “actitude intransixente” da patronal. Así o anunciaba este venres a CIG, que tamén convocará dúas xornadas de folga nas bases que xestiona Ambuibérica para rexeitar os constantes incumprimentos en materia laboral por parte da empresa.

ambulancias manifestacion cartelO vindeiro 14 de xuño o sector manifestarase en Santiago de Compostela (Praza Roxa, 11.00 horas) e nela participarán todos os técnicos de emerxencias que non se atopen de garda. Unha decisión que foi respaldada nas asambleas celebradas por toda Galicia.

En caso de que a partir do día 15 tampouco haxa cambios na actitude da negociación anuncian iniciar unha folga ata que a patronal se sente a falar de condicións laborais “aceptables”.

Por outra banda, os días 21 e 23 de xuño hai convocadas dúas xornadas de folga en bases do servizo de urxencias sanitarias do 061 que xestiona a empresa Ambuibérica en Lalín, Silleda, Baiona, Tui, A Guarda, Nigrán, Mos, Ponteareas, Teixeiro, Cerceda, Negreira, Santa Comba, Muros e nas localidades da Costa da Morte.

Xunto aos incrumprimentos en materia laboral, a empresa tamén acumula dende o mes de decembro importantes débedas salariais cos traballadores, aos que non lles paga os atrasos, unha cantidade que se achega en moitos casos aos 4.000 euros por empregado.

También te puede interesar