Cultura Destacados

Achégate ao mundo do teatro cos obradoiros municipais de verán

obradoiros veran

Dende finais de xuño poderás mergullarte no mundo do teatro a través dos obradoiros monográficos de verán organizados polo servizo de Educación do Concello de Vigo e a Escola Municipal de Teatro.

Son tres talleres especializados en diferentes áreas teatrais eminentemente prácticos destinados a maiores de 15 anos, da igual que sexan amateurs, actores, actrices, animadores teatrais, directores teatrais, bailaríns ou afeccionados ao teatro.

Os interesados poden facer a inscrición na Escola Municipal de Teatro (Avenida de Castelao, 87) de 17 a 20 horas de luns a venres presentando o impreso da preincrición. O prezo de cada curso será de 47,60 euros.

Tres obradoiros

O primeiro dos obradoiros, ‘Match de improvisación teatral’, desenvolverase do 27 de xuño ao 1 de xullo, en horario de 17:00 a 21:00 horas. O curso vai dirixido a calquera que teña ganas de xogar e improvisar. Non se requiren coñecementos previos, só boa disposición.

O segundo obradoiro, de teatro científico, será do 4 ao 8 de xullo, en horario de 17:00 a 21:00. Neste obradoiro farán uso de todo o seu potencial creativo, coa vista posta na consecución dun produto artístico con temática de carácter científico, guiados por persoal científico do CSIC e por un director de escena e docente que lles marcarán o camiño a seguir no proceso de creación.

O terceiro obradoiro, de expresión corporal e seguridade escénica, impartirase  do 11 ao 15 de xullo, en horario de 17:00 a 21:00. É un curso destinado a toda persoa interesada na arte escénica que queira ampliar as súas ferramentas expresivas mediante a aplicación dos fundamentos da expresión corporal.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.