Deportes Vigo al minuto

Galicia, primeira no Open Profesional de Taekwondo de Zamora

taekwondo open zamora

Magníficos resultados das seleccións galegas júnior e sénior no Open Profesional de Taekwondo de Zamora, disputado esta fin de semana. Os deportistas galegos volven ocupando o primeiro posto na categoría xeral e cun total de 12 ouros, 10 pratas e 5 bronces.

Por un lado, na categoría junior, os rapaces e rapazas conseguiron 4 ouros, 9 pratas e 4 bronces. Os máximos metais chegaron da man de Elena Pérez, Antía Pérez, Daniel Corrales e Vicente Díaz. Polo outro, na elite conseguíronse 8 ouros, unha prata e un bronce. Os ouros chegaron da man de José Leal, Álvaro García, Andrés Álvarez, Marta Colón, Laura Lorenzo, Sofía Pérez, Tania Gándara e María Suárez.

También te puede interesar