Cultura Vigo al minuto

O concerto de peche de #CinemaEMuller, previsto para este venres en Vigo aprazado ao día 8 por mor da choiva

1914038_1228868173807548_8746824365714290225_nSegundo informa a Deputación de Pontevedra no seu perfil de Facebook, por mor da choiva, o concerto de peche de ‪#‎CinemaEMuller, que estaba programado para este venres pola noite en Vigo, queda aprazado para o día 8 de abril. O mesmo pasa para as 9 da noite,na Praza da Colexiata do devandito día.

#CinemaEMuller é unha homenaxe ás 70 realizadoras que traballan na provincia de Pontevedra e entre elas elixiuse a 10 que realizarán curtametraxes que posteriormente deron forma a unha película colaborativa. As dez elixidas son: Carla Andrade, Bego Santiago, Carme Nogueira, Eva Calvar, Sonia Mendez, Andrea Zapata, Lara Bacelo, Olaia Sendón, Diana Toucedo, Claudia Brenlla.

También te puede interesar