Ciencia y Tecnología Vigo al minuto

As consultas de traumatoloxía e otorrino, dende o martes no novo hospital

Paciente no novo hospital/Tresyuno Comunicación
Paciente no novo hospital/Tresyuno Comunicación

Dende o martes, día 18, as consultas de traumatoloxía e otorrinolaringoloxía estarán funcionando no novo hospital. O Servizo Galego de Saúde (Sergas) informa que dende o próximo martes atenderá no Álvaro Cunqueiro a un total de 1.158 pacientes, que chegarán a preto de 4.000 ao longo da semana, en todas as especialidades que xa se trasladaron.

Ao tempo que abren no novo hospital, paralelamente, O Meixoeiro tamén acollerá cirugías ambulatorias de ambos os dous servizos.

Polo que se refire a traumatoloxía, haberá cinco consultas no novo , un despacho médico e unha sala polivalente de traballo e sesións. “O servizo de traumatoloxía atenderá cirugías de alta complexidade, como intervencións en columna, cadeira e xeonllo, así como cirugías traumatológicas e ortopédicas infantís”.

No que se refire a otorrinolaringoloxía, o Álvaro Cunqueiro disporá de 10 consultas externas adscritas, así como unha sala para estudios de vertixe e rehabilitación. Ademais, sinala Sanidade, estará operativa unha sala especial na que “se realizarán probas audiométricas e albergará un neuronavegador para efectuar cirugías endoscópicas avanzadas e de base de cranio e un láser de última xeración”.

También te puede interesar