Galicia

Dende este luns, campaña intensiva de control do cinto e de sistemas de suxeción de nenos nas estradas galegas

Neno no cocheA Dirección Xeral de Tráfico (DGT), iniciará este luns, día 9, e ata o vindeiro domingo, día 15, unha campaña intesiva de control do uso do cinto de seguridade e dos sistemas de retención dos cativos nos coches.

A Delegación do Goberno en Galicia subliña que esta iniciativa é parte da programación das operacións especiais que ten previstras Tráfico para este ano e que ten coma obxectivo, ademáis da mellora da seguidade vial, concierciar aos conductores e viaxeiros da importancia de que teñan comportamentos seguros.

Toda a semana que ven, os axentes da Garda Civil aumentarán os controis para comprobar que, conductor e ocupantes, usan o cinto e que os rapaces levan os sistemas axeitados de seguridade, dacordo coa súa estatura, idade e peso.

O cinto e os sistemas de protección dos cativos son, segundo Tráfico, como os máis sinxelos e eficaces para garantir a seguridade en todas as viaxes ademáis de ser “imprescindibles” para que o air-bag sexa eficaz.  

Segundo a DGT, o seu uso reduce á metade o risco de morte nun accidente: en 2013 un 22% dos usuarios de coches e furgonetas que morreron en accidente de tráfico non levaban o cinto, unha porcentaxe que nas cidades aumenta ata preto do 30%.

No que atingue aos rapaces, o 43% viaxan con sistemas de seguridade non axeitados: un neno que non está suxeito multiplica por 5 as posibilidades de que haxa lesións mortais o moi graves se hai un accidente.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.