Vigo al día

Os traballadores de Povisa inician este luns unha folga indefinida

Os traballadores de Povisa inician este luns a folga indefinida na que esperan o seguimento de toda a plantilla e o apoio de todos os partidos políticos e os usuarios para denunciar o incumprimento do convenio colectivo, as modificacións substanciais das xornadas e as condicións laborais, e o despedimento de 13 empregados.

O paro está secundado por pola Confederación Xeral do Traballo (CGT), Unión Xeral de Traballadores (UGT), Confederación intersindical Galega (CIG) e o Sindicato Galego de Profesionais da Sanidade (SGPS), agás Comisións Obreiras, todas centrais que forman parte do comité de empresa do centro médico.

A xuizo do comité, Povisa imcumpriu “descaradamente” as sentenzas xudiciais– como puxeron de manifesta o pasado xoves nunha concentración diante dos xulgados de Vigo e, segundo salientan os traballadores “non consentiremos que o siga facendo”. Ademáis denuncian que os directivos do centro clínico pretenden modificar o convenio para adaptarlo “as súas intencións económicas, algo que non estamos dispostos a aguantar”.

A plantilla lembra que Povisa segue a recibir a mesma cantidade de dinero público procedente da Xunta e “ainda así segue recortando en personal e en atención aos pacientes, e niso ten que intervir a Consellería de Sanidade”.

 

También te puede interesar