Vigo al minuto

Feijóo visita en Navia o centro da Asociación de Personas con Parálise cerebral

Feijóo en Navia, este luns/Tresyuno Comunicación

Nunha visita, este luns, ao novo centro integral de Navia da Asociación de Familias de Persoas con Parálise Cerebral (APAMP), o presidente do goberno galego asegurou que “a integración das persoas con discapacidade é un dos principios reitores das políticas sociais” que leva a cabo o seu Executivo.

O centro no que se presta asistencia a 32 usuarios, dos cales 22 ocuparán prazas concertadas coa Xunta, verase completado o vindeiro ano cun centro de día con capacidade de atención para 60 persoas con parálise cerebral e gran dependencia e cun centro de tratamentos que prestará servizo a outros tantos usuarios.

Feijóo subliñou que proba do traballo da Xunta é a aprobación, xa en 2010, do primeiro Plan de Acción Integral para as persoas con discapacidade, o primeiro destas características que se activaba en Galicia e que “se centra na ampliación e mellora dos servizos públicos; na aposta polo emprego e no compromiso cunha accesibilidade universal”.

O presidente insistiu que trátase dun plan aínda en marcha este ano,  pero que arroxa xa un balance positivo, pois ten executado o 90% das liñas que o conforman, dando cumprimento a 264 medidas das 305 recollidas na estratexia. “Nesa aposta enmárcase o incremento continuo das prazas públicas para persoas con discapacidade, que aumentaron nun 14,5% nos últimos catro anos, coa creación de 631 novas prazas.”, indicou Feijóo.

Ademáis, adiantou, a Xunta levará ao Parlamento, este mesmo ano, unha nova Lei de Accesibilidade, e tamén en 2013 creará a Rede autonómica de atención temperá que conxuga a tripla perspectiva sanitaria, educativa e de servizos sociais. «Trátase dunha rede que permitirá definir o espazo de competencias de cada sistema e establecer un modelo de coordinación que redunde nunha mellor atención», concluiu.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.