Vigo al minuto

Inaugurada a humanización da rúa Enrique Lorenzo

Dende este xoves quedou aberta aos peóns a rúa enrique Lorenzo despois de ser humanizada cun investimento total de 667.000 €. No acto oficial de inauguración, o  alcalde subliñou que, xunto á mellora en superficie, a reforma inclúe a renovación das redes de servizos, tuberías de saneamento, pluviais e abastecemento de auga en 400 metros de rúa e 5.500 metros cadrados de superficie.

Abel Caballero lembrou que Enrique Lorenzo é un vial que “levaba sen ser atendido 60 anos”, e que o goberno local tiña moitas peticións para a súa humanización por ser «desastrosa no seu trazado, no seu saneamento e abastecemento». O alcalde quixo recoñecer aos veciños e veciñas que cooperaron co Concello cedendo parte dos seus terros para ampliar a beirarrúa, e singularmente citou á familia de Antonio Coello, actual subdelegado do Goberno na provincia.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.