Comarcas

A oposición asegura que Ponteareas perde subvencións por non presentar as contas do Concello

O BNG de Ponteareas revelou, a través da súa concelleira Hortensia Bautista, que o Concello está perdendo subvencións por non someterse a fiscalización do Consello de Contas de Galicia. Así se recolle no Diario Oficial de Galicia do día de hoxe 10 de maio. En concreto trátase dunha subvención para o departamento de Normalización Lingüística. A Consellaría de Cultura e Educación indica que os motivos polos que Ponteareas perdeu a subvención solicitada foi por presentar as contas do ano 2011 fora de prazo e con graves defectos, tal como recolle o informe do Consello de Contas do pasado 21 de marzo.

O BNG cualificou este feito de “gravísimo” e pediu a asunción de responsabilidades políticas por parte da concelleira de facenda, Belén Villar. Hortensia Bautista cualificou de “impresentable que o Concello estea arruinado por culpa do PP, que se estén recortando servizos, que só se preocupen de subir impostos e que ao mesmo tempo se deixen de percibir subvencións por incapacidade para xestionar o Concello”.

Os nacionalistas esixen a concelleira de facenda e ao alcalde que “dean a cara e ofrezan explicacións” ademais de aclarar si se perderon outras axudas ou se renunciou a solicitalas por recoñecer a incapacidade para cumprir coas obrigas de fiscalización do Consello de Contas.

O Bloque lembrou a responsabilidade dos concelleiros de PSOE e de ACIP nesta situación. Renunciaron a aplicar desde o goberno o plan de saneamento económico que pactaran co BNG e prefiren seguir cun Alcalde e un goberno incompetente, que levou a Ponteareas á quebra económica, antes que apostar por un novo futuro liderado polo BNG.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.