Deportes

Se queres premiar o deporte feminino galego, este é o momento

O próximo día 9 de marzo celebrarase no Concello de Ames a II Gala do Deporte Feminino en Galicia, na que se premiará ás mellores deportistas, técnicas, entidades, árbitras e clubs da pasada tempada.

Con este acto, Mulleres deportistas Galegas (Mudega) busca lograr a visibilidade do deporte feminino, «un dos obxectivos principais do noso colectivo: lograr que os éxitos do deporte feminino sexan recoñecidos pola sociedade e para iso é necesario ser visibles nos medios de comunicación», comenta a súa presidenta. Esta gala é posible grazas á colaboración do Concello de Ames que quere celebrar así o Día Internacional da Muller (8 de marzo) e, ademáis do acto, realizaranse ao longo do día varias actividades deportivas.

O prazo de recepción de candidaturas está aberto dende onte e finalizará o próximo día 15 de febrero e poden presentar propostas federacións, concellos, institucións, medios de comunicación, clubs e persoas a nivel particular. Posteriormente estas candidaturas, que deben ser enviadas ao correo [email protected], serán analizadas por un xurado que será o encargado de decidir a quen se le outorgan os premios.

Os premios que imos entregar son os seguintes:

Mellor directivo/a (máis comprometido/a co deporte feminino); Mellor deportista feminina; Mellor deportista feminina promesa; Mellor equipo feminino; Medio de comunicación amigo do deporte feminino; Premio á traxectoria; Mellor árbitro ou xuíza;  Institución pública amiga do deporte feminino; Entidade privada máis colaboradora co deporte feminino;  Mellor adestrador/a feminino;  Mellor iniciativa a prol do deporte feminino.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.