RGPD - Cookies
Galicia

Máis dunha tonelada de peixe incautado nas Rías Altas e Baixas

744 aparellos e 1.124 quilos de diversas especies decomisadas nos últimos 10 días, nos que houbo mareas vivas. A baixamar deixa ao descuberto bancos naturais que habitualmente están baixo o auga, polo que se intensificaron as labores de control para evitar un repunte do furtivismo, labores nas que se expulsaron a 199 furtivos.

Na ría de Ferrol foi un dos puntos nos que se incautou máis material, co comiso de 149 útiles, entre eles 2 vehículos, e 358 quilos de peixe e marisco, a maioría ameixa e berberecho que foi resembrada na zona. Os axentes expulsaron, en diferentes puntos da ría, a 172 furtivos e identificaron a 10 persoas.

Tamén en Coruña os inspectores expulsaron a 4 persoas en varias inspeccións e levantaron 14 actas de presunta infracción a persoas identificadas na última actuación. Nesas actuacións requisáronse 46 artes- a maioría nasas sen identificar- e 372,2 quilos de varias especies, case todo ourizo. Na Costa da Morte, en Muxía, os axentes aprehenderon 34 aparellos e 74,9 quilos, na súa maior parte de ourizo.

A Ría de Arousa foi escenario de diversas actuacións que se saldaron coa incautación de 5 nasas e 19 quilos de varias especies en Ribeira. Precisamente nos arenais de Ribeira expulsaron a 20 persoas que trataban de extraer marisco de forma ilegal. Ademais en Cabo de Cruz expulsaron a 3 persoas ás que lles requisaron 2 aparellos, e, noutro operativo conxunto identificaron a outras 6, ás que lles requisaron 7,5 quilos de longueirón, 3 de ameixa e 20 de berberecheo, ademais de 8 útiles. Na parte sur da ría, os controis levados a cabo polos gardacostas saldáronse coa aprehensión de 151 nasas en zona prohibida e sen identificar que contiñan en total 94,5 quilos de polbo e nécora, que foron devoltos ao mar.

Na Ría de Pontevedra, os inspectores requisaron 204 nasas por estar sen balizar e en zona prohibida. Os axentes devolveron ao mar os 75 quilos de nécora, polbo e congro que había no seu interior. En Bueu, en Mourisca, aprehendéronse de 121 nasas tamén sen identificar e en zona prohibida e devolveron ao mar as especies que contiñan, en total 27 quilos de nécora, polbo e choco.

A maiores, en Bueu, Cangas e Marín desenvolveuse un operativo conxunto coa UPA no que se comisaron 24 útiles e 23,5 quilos de varias especies, case todo choco e centola que foron devoltos ao mar. Os axentes identificaron a 6 persoas. Na Ría ed. Vigo, en Cabo Silleiro efectuouse un control que se saldou con 38 quilos de ourizo e lapa comisados. Na zona de Redondela os axentes devolveron ao mar 11 quilos de diversas especies requisadas. Estas actuacións realizáronse en días diferentes.

También te puede interesar