Cultura Vigo al minuto

Case 8 de cada 10 alumnos estranxeiros recomendan a nosa Universidade

O rector, Salustiano Mato, xunto co valedor do cidadán, Luis Espada.
O rector, Salustiano Mato, xunto co valedor do cidadán, Luis Espada.

D. Besadío/Universidade de Vigo/ O 77,1% do alumnado estranxeiro que realizou unha estadía na Universidade de Vigo o curso pasado recomendaría, sen dubidalo, esta universidade nos seus países de orixe. É un dos datos que aparece reflectido no volume ‘Estudo sobre a experiencia académica dos estudantes internacionais na Universidade de Vigo’, un traballo promovido polo Tribunal de Garantías co que se pon sobre a mesa unha radiografía detallada da calidade do ensino impartido a este tipo de alumnado.

O estudo, primeiro que se publica en España destas características, fai un debuxo sobre o perfil global do alumnado estranxeiro, 80% Erasmus, pero tamén procedente de moitos outros países dos cinco continentes. Alumna de segundo ciclo, do ámbito humanístico e xurídico-social que chega de Polonia, Alemaña, Italia, Francia ou Portugal para pasar un cuadrimestre na Universidade de Vigo. Este é, segundo os datos recollidos no estudo, o perfil global dos estudantes Erasmus que estudan na Universidade.

Chegan na súa inmensa maioría buscando ter unha experiencia internacional (73,6%) e para mellorar os coñecementos de linguas, maioritariamente de español pero tamén de lingua galega e só un 1,3% admiten que realizan a estadía para aprobar materias “difíciles” nos seus centros de orixe. Para o 60,7% a Universidade de Vigo era a súa primeira opción e os factores que máis pesaron para realizar esta escolla foi as características da cidade (clima, mar, tamaño, destino non moi turístico) e de Galicia en xeral. E case un 10% deles chega a través das referencias doutros amigos.

Á hora de realizar unha valoración xeral do tipo de docencia recibida na Universidade de Vigo en comparanza coa universidade de orixe a maioría de estudantes (68,8% fronte ao 30,8%) considera que a docencia é aquí moito máis participativa e interactiva.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.