Galicia

Uns 7.200 galegos no exterior recibirán axudas da Xunta

En total, 219 galegos máis poderán beneficiarse das axudas da Xunta para emigrantes galegos en situación de precariedade. No 2010, 7.208 persoas beneficiaránse destes cheques destinados a cubrir as necesidades básicas e a atención sociosanitaria dos galegos no exterior e dos seus descendentes ata a segunda xeración. Estas axudas económicas nacen para paliar situacións como dependencia ou enfermidade grave, invalidez ou enfermidade permanente, cobertura de tratamentos de enfermidades crónicas, violencia de xénero ou situacións de paro prolongado.

Cun presuposto de 2,3 millóns de euros, das 8.022 solicitudes presentadas, 606 foron denegadas e 199 desestimadas por non presentar a documentación en prazo. O maior incremento das axudas deuse en Cuba, que pasou de 5.643 solicitudes admitidas no 2009 a 5.913 este ano.

También te puede interesar