_agenda Agenda

O camiño do requesón comeza en As Neves

Non te perdas a XIX Festa do Requesón e do Mel de As Neves.
Non te perdas a XIX Festa do Requesón e do Mel de As Neves.

A gastronomía é un dos puntos fortes de As Neves e, como bó sabedor diso, o concello prepara unha das primeiras festas do ano en Galicia. O 2 de abril, coincidindo coa Semana Santa, a Feira do Requesón e do Mel chega a súa decimonovena edición coa intención de pór en valor o patrimonio natural e cultural da vila.

Ó programa de actividades está deseñado arredor do do camiño da gastronomía aínda que levará a todos aqueles que queiran disfrutar da festa polo camiño da historia coa revitalización do Sendeiro dos Frades, o da cultura coa promoción da música popular e da literatura infantil cos Bolechas, da artesanía, do deporte

Un dos protagonistas deste ano será o falecido Camilo José Cela, que arranca o seu libro ‘Del Miño al Bidasoa’ no concello de As Neves e leva ao seu protagonista nunha peregrinaxe ata Compostela para pedirlle ao Apóstol que acabe de curar o mal que comezara a sanar en Santa Marta de Ribarteme.

Actividades

Aínda que a festa será o vindeiro 2 de abril, as actividades arrincan xa esta semana cunha proposta para facer sendeirismo gastronómico este mesmo sábado 27 de marzo. Ás 09:30 horas sairase da Ponte do Paz de Vide para percorrer o Sendeiro dos Frades e facer unha degustación de requesón e mel a partires das 12 horas na Pousadouro.

Esa mesma tarde (18 h) Pepe Carreiro presentará o seu libro ‘Os Bolechas van de viaxe ao Requeixo das Neves’ e, ás 18:30 horas a Escola de Música de As Neves dará un concerto no Auditorio Municipal Vázquez Portomeñe.

O luns 29 organizarase o seminario de cociña ‘Delicias con requesón: tradición e modernidade en AsNeves’ (17:30 horas) impartido por Esther Juan Salvadores, do restaurante “Casa Lola” en San Xosé de Ribarteme. O 31 demarzo farase unha viaxe sensorial pola xeografía galega a través dos seus meles cunha cata no Centro Social a partires das 17:00 horas. O 1 de abril será o turno da Festa da Bicicleta.

O venres 2 de abril chega o prato forte. A festa comezará ás 10:30 horas con pasarrúas a cargo da charanga “Os Trasegas” e da fanfarria “Bombeiros Voluntarios da Lixa”. Por fin, ás 11:30 horas arrinca a degustación do requesón con mel, aínda que o pregón, a cargo de Víctor Manuel Vázquez Portomeñe, farase esperar ata ás 13 h.

Ás 12:00 horas inaugurarase no Centro Social a mostra colectiva de pinturas ‘8 ideas’, con obras de Isabel Romero, Pilar Arranz, Marcela Fuentes, Juan Antonio Cuenca, Vicente Jiménez, Luis Serrano, Carlos Casu e Basilio González. Xa pola tarde, ás 17 h, comeza a festa para os máis pequechos co show ‘Popin Clown’ e un obradoiro de cerámica de Gundivós.

O fin de festa, trala degustación do requesón con viño de Rubiós a partires das 19 h. Se non vas de viaxe de Semana Santa este é un bo plan para desfrutar destes días.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.